martes, 1 de marzo de 2016

Lectura: "Usha" de María Reimóndez

Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece

4 comentarios:

  1. Pareceume un libro interesante. Amosa como se ten que afrontar a vida alí. Usha pareceume unha rapaza moi intelixente.
    Recomendo o libro
    -Luis López González 2º B

    ResponderEliminar
  2. pareceume un libro bastante bo, interesante usha e una rapaza moi intelixente.
    aprendese moitas cousas por exemplo o significado do nome: Usha.
    recomendó este libro para todos os públicos.
    MARIA ELENA PRIETO GARCIA 2ESO B

    ResponderEliminar
  3. o libtro estivo moi interesante , usha pareceume unha nena moi espavilada no sentido de ser moi lista.No libro aprendemos moitas cousas intelxentes que nos poden servir ao longo da nosa vida.
    Recomendo o libro para os lectores de entre 6-20 anos.
    zaida soria puente 2eso a

    ResponderEliminar
  4. este libro esta moi ben sa que usha e moi intelixente xa que se ve como pasa a sua vida e aparte dinos o pequeno significado do seu nome asique recomendo este libro para todos os publicos.
    claudia fernandez hoyos 2eso a.

    ResponderEliminar