martes, 1 de marzo de 2016

Lectura de marzo : "Futuro Imperfecto" de Xulia Alonso


Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado.


Dedicado á súa filla






13 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Una impresionante historia testimonial, trágica, descarnada, de gran dureza vital; dónde se palpa la fragilidad y a la vez la gran capacidad de lucha que encierra toda persona.. de lo fácil que uno puede irse por un camino sin vislumbrar las consecuencias, sobre todo cuando uno es joven y se deja llevar por los impulsos, la ilusión y las circunstancias,y se convierten en victimas de toda manipulación, porque en esta sociedad prima no pensar...Comprobar que esto ha sucedido a la par coincidiendo con mi juventud, me ha impresionado y pienso que estas historias tan crudas marcan para siempre a las personas que las han vivido.

    María Cueva,Lozano Sellés

    ResponderEliminar
  3. Unha historia moi conmovedora que leva ás persoas a pensar acerca da dureza de certas situacións e da forza que hai que adquirir para superalas. Esta obra, tanto para mozos como para adultos, proporciona unha visión diferente de ver as cousas e a vida mesma, impulsando ós lectores a apreciar o que temos antes de perdelo. Ademais, relata moitos acontecementos que viviu na súa etapa universitaria, o que tamén advirte ós adolescentes de certos perigos.
    Sen dúbida, unha lectura conmovedora e moi recomendable!

    ResponderEliminar
  4. Esta historia conseguiu emocionarme,xa que trata dunha forma especial o tema das drogas e a loita para saír delas, a época de xuventude e as súas loucuras que finalmente desembocan nunha triste enfermidade,o amor que se antepón a todo.
    O libro advírtenos dos perigos que corremos, mais pensamos que xamais nos ocorrerán a nós.
    Sen lugar a dúbida recomendo a súa lectura xa que non só deixa secuelas nos personaxes,o VIH, senón tamén nos seus lectores.

    ResponderEliminar
  5. Interesoume este libro porque nos conta a inconsciencia dos adolescentes respecto ás drogas e dos suas futuros e posibles consecuencias. En ese caso son dous xovenes que debido a un error na xuventude tiveron un futuro amargo, un futuro imperfecto, o cual nos é narrado detalladamente. Tamén nos encina que ainda que os problemas nos rodea no debenos deixar de lutar ata o noso último suspiro.

    ResponderEliminar
  6. Un incrible relato, contado a detalle desde a primeira páxina, dun xeito impactante e conmovedor. A historia dunha parella nunha constante loita pola vida, debatendo coa enfermidade e o tempo, na procura da esperanza pola curación e a crianza da súa filla, nun futuro imperfecto marcado desde a xuventude a causa das drogas. Un libro de gran valor moral, que mostra a importancia de non rendirse ante os problemas, da gran forza de voluntade da protagonista para resistir e permanecer en pé, tratando de atopar sempre unha luz na escuridade, aínda cando parecía demasiado tarde para arranxar o pasado. Unha historia moi recomendable, tanto para xóvenes coma adultos, que á vez ensina importantes valores e advirte dos perigos de tomar un camiño equivocado, que pode marcar a túa vida para sempre.

    ResponderEliminar
  7. Xulia Alonso Díaz naceu na Rúa en 1961 onde pasou a súa infancia e adolescencia. Cursou o bacharelato e o COU pola rama de letras no Colexio Pablo VI da vila. En setembro de 1979, comezou os estudos de psicoloxía na Universidade de Santiago, que pronto abandonou. En xaneiro de 1981, comezou a traballar como auxiliar administrativa na administración pre-autonómica galega.
    Xa de pequena tiña o don de inventar historias con facilidade, don que herdou da súa avoa paterna, Rosa, pola que sentía verdadeira devoción. A lectura tamén a engaiolaba: gustábanlle moito os libros de aventuras de Enid Blyton (Os cinco) e na súa casa non faltaban os típicos tebeos. A través dos seus irmáns máis vellos, que estudaban fóra da casa, leu a Saint-Exupèry (O principiño), Cela (La familia de Pascual Duarte), Lorca (La casa de Bernarda Alba)..., pero tamén chegaron ás súas mans escritores como García Márquez (Cien años de Soledad), Bertolt Brecht, Juan Salvador Gaviota, Pedro Salinas, Mario Benedetti, Pablo Neruda, Goytisolo (dalgúns dos cales podemos atopar pegadas na súa novela). Os narradores polos que sente predilección son: G. García Márquez, que descubriu na súa adolescencia, e José Saramago; dos galegos: Neira Vilas e Cunqueiro.
    Futuro imperfecto é o seu primeiro libro. Cando lle propuxeron dende a Ed. Galaxia publicalo, pareceulle interesante facelo, sobre todo pola cuestión da sida, tema tabú aínda hoxe en día. Especialmente ilustrativa resulta esta novela para as xeracións que non viviron na mocidade a realidade da drogadicción ou para as persoas que non a tiveron cerca. Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos e mozas descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáraos para sempre. Por iso, esta obra é un alegato contra a desmemoria, xa que permite ver a través dos ollos de quen descendeu ó Inferno como foi a vida dunha parte da mocidade na época en que probar era sinónimo de ser libre, pero tamén de descoñecemento.
    Como ela mesma declarou, a novela non foi escrita para ser publicada, senón que ía dirixida á súa filla e, en todo caso, aos seus fillos se algún día os tivese. O libro, a medio camiño entre a autobiografía e a crónica, contén unha historia fermosa e terrible, unha historia real vivida e narrada en primeira persoa que xira arredor do amor e da loita pola supervivencia. Os feitos enmárcanse na década dos 80 e principios dos 90, e teñen moito que ver coas ansias de liberdade, a euforia dos descubrimentos e a necesidade de experimentar sensacións moi descritivas daqueles anos, pero moi comúns tamén ás etapas de mocidade de todos os tempos. Pero non son exactamente os feitos os importantes, senón as emocións. Son emocións o que ela pretendeu transmitir na obra, tanto as máis positivas, relacionadas co amor, co compromiso, coa solidariedade, coa liberdade, como as máis negativas: a adicción ás drogas, a dependencia, o inferno da carencia, a escravitude en definitiva, para deixar constancia de certas conviccións persoais: que a vida é unha oportunidade, que nada está escrito; aínda que os propios acontecementos se empeñen en convencernos do contrario e que a vontade é a ferramenta máis útil da que dispoñemos para construír o noso destino, que paga a pena resistir e apostar polo sempre, polo futuro, aínda que sexa imperfecto.
    En Futuro imperfecto, Xulia Alonso deixa constancia da historia da amor con Nico, o seu compañeiro, unha historia que se centra nos dous últimos anos de convivencia: os da enfermidade de mozo. Reflicte a autora unha situación límite, intensa, que lle deu forzas para encarar a vida, de xeito que o libro é un canto á supervivencia, unha lección de vida. Nico non puido sobrevivir, pero ela si e isto permítelle contalo.
    En certa ocasión, Xulia Alonso declarou que “o tempo é oportunidade”. No ano 2011, tivemos a oportunidade de conversar con ela pois visitou o noso centro. Daquela nos transmitiu as súas ganas de vivir. Agora eu vos quero transmitir que: o futuro, aínda que sexa imperfecto, é esperanzador e está cheo de vida.
    Raquel Aira González

    ResponderEliminar
  8. O libro de futuro imperfecto é un libro que non deixa indiferente a ninguén, relata con claridade as experiencias no mundo das drogas, as consecuencias que ten e o prexudicial que é engancharse a elas.
    É unha obra conmovedora e moi impactante a todos os niveis, toca moitos temas como o amor, o amor en todos os sentidos, xa sexa a nivel de parella como o amor familiar. E dalgún xeito modo informa dende unha experiencia real o perigo que agochan as drogas.
    Sen dúbida é moi aconsellable para ler.

    ResponderEliminar
  9. Futuro imperfecto conta unha historia conmovedora, dura, impactante pero real. A autora narra a súa experiencia coas drogas e as consecuencias que estas tiveron na súa vida. Paralelamente a esta trama, trátase o tema do amor verdadeiro o cal axuda a superar a súa enfermidade( a pesar da morte de Nico) e para coller forzas para criar a súa filla Lucía.
    É unha histora que deberían leer moitos pequenos para evitar entrar nese mundo do cal e moi dificil saír.
    Dende aquí gustaríame agrader a Xulia porque o seu libro e unha gran lección de superación e de valentía porque non todos contarían esta cruel realidade . Grazas o seu libro os lectores podemos poñernos na situación e apreciar as terribles consecuencias e perigos os que nos vamos a enfrentar, sobre todo ó comenzar a etapa universitaria onde as ganas de sair e probar cousa novas sempre están presentes.

    ResponderEliminar
  10. O libro futuro imperfecto é unha novela moi realista que mostra as consecuencias do mundo das drogas de tal xeito que os lectores chegamos a coñecer todos as experiencias vividas polos personaxes. Este libro, baseado nunha historia real, é capaz de conmover e facer que a xente se conciencie sobre a brevidade da vida e a importancia das nosas decisións.

    GEMA ESTËVEZ - 2º BAC

    ResponderEliminar
  11. Futuro imperfecto é un libro sorprendente, pois amosa unha historia tráxica determinada polas consecuencias da droga, con moita dor, emocións e dureza. Á súa vez, a pesar de todo o negativo, transmite unha forza continua por manterse á flote, xunto cunha vitalidade alentadora que dá esperanza ata nos peores momentos. O responsable desa loita interminable é o amor entre a protagonista e Nico. A pesar da súa perda, o sentimento permanece e xunto coa súa filla constitúen o motor para que Xulia siga adiante.

    Debido a que o tema das adiccións está totalmente presente e é contado por alguén que sufriu os seus efectos, este libro é moi recomendable, especialmente para os adolescentes, xa que é unha etapa onde todo parece inofensivo e só se teñen ganas de coñecer e probar. Aínda que haxa varios elementos moi duros, vese como é o mundo das drogas e que non se pode saír del coa mesma sinxeleza coa que se entrou.

    CARLA ESTÉVEZ - 2º BAC

    ResponderEliminar
  12. GRAZAS A TODOS POLOS VOSOS COMENTARIOS. AGARDO QUE O ANO QUE VÉN VOLVADES PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE, MESMO AS QUE XA NON ESTEADES NO CENTRO.
    A LECTURA AXUDA A LIBERAR A MENTE.
    APERTAS.

    ResponderEliminar
  13. Futuro Imperfecto gustoume moito porque aínda que sexa unha historia moi dura, narra a realidade de Xulia e Nico sen tapuxos. Deste modo, malia que sexa triste lelo, chegas a saber cada unha das consecuencias das drogas e da vida desenfreada, polo que ten un ton didáctico para todos aqueles que o lean, pois probablemente a ninguén lle queden ganas de experimentar as drogas tras saber de tal tráxica historia.
    Xulia non tivo a sorte de que alguén a advertise dos perigos da droga, pois nos anos 80 era unha novidade e as súas consecuencias eran descoñecidas.

    MAYTE GARCÍA - 2º BAC

    ResponderEliminar