Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en
Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que
acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola
india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos
costumes e lendas, enfrontouse con dificultades
imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida
para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do
mencer. Nunca o esquecerá.Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada
por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan
enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India.
Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade
cultural que a maior parte descoñece
Quorum Club de Lectura
O blog do club de lectura do IES Cosme López, de A Rúa
martes, 1 de marzo de 2016
Lectura de marzo : "Futuro Imperfecto" de Xulia Alonso
Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado.
Dedicado á súa filla
miércoles, 10 de junio de 2015
MEJILLONES PARA CENAR, de Birgit VANDERBEKE
Aproveitando o bo tempo, e para disfrutar ao máximo da nosa última reunión do curso, quedámonos nos bancos da entrada do instituto. Fixemos alí a reunión e incluso recibimos visitas.
Mejillones para cenar foi un libro que nos impresionou moito a todos. Baixo a mirada da protagonista e nun curso espacio de tempo, vaise desenvolvendo ante os nosos ollos unha figura paterna obsesionada pola perfección da súa familia. Descubrimos con horror a pequena dictadura establecida nesa casa, onde a atmosfera é case irrespirable. Queres saber como acaba? Mentres ti les, nós imos facer "selfies".
lunes, 11 de mayo de 2015
viernes, 17 de abril de 2015
EL VALLE DE LOS LOBOS
El valle de los lobos é a primeira novela da serie Crónicas de la torre, de Laura Gallego. A lectura foi unha proposta de Elisa e Kenia, que tiñan moitísimo interese en compartir o seu entusiasmo por esta autora. Foi todo un éxito. De feito, a novela conseguiu que Circe se volvese auténtica fan de Laura Gallego.
A obra comeza co nacemento da que será a protagonista de toda a saga: unha nena extraña que, pasados os anos, descubrirá que as súas rarezas son debidas a un don. É maga, e como tal estará chamada a formarse nunca peculiar escola que, aínda que de primeiras poida recordarnos a de Harry Potter, non se parece en nada a Hogwarts.
Dende logo que a lectura de El valle de los lobos é unha delicia, e menos mal que a historia continúa en outros dous libros máis, porque quedamos con gañas de seguir ao lado dos seus personaxes.
Como curiosidade contaremos que, realmente, a serie conta con catro novelas, xa que hai un cuarto volume que é unha precuela: a narración do pasado dun dos estudantes da torre.
lunes, 16 de marzo de 2015
jueves, 22 de enero de 2015
XA TEMOS MASCOTA!
No IES Cosme López temos xente de moito talento, como Juanjo, o profe de Educación Plástica. Inspirado pola idea da lectura, os libros, o club, o nome... xurdiu da súa imaxinación o logo de Quorum. É chulísimo, non si?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)