viernes, 17 de abril de 2015

EL VALLE DE LOS LOBOS

El valle de los lobos é a primeira novela da serie Crónicas de la torre, de Laura Gallego.  A lectura foi unha proposta de Elisa e Kenia, que tiñan moitísimo interese en compartir o seu entusiasmo por esta autora.  Foi todo un éxito.  De feito, a novela conseguiu que Circe se volvese auténtica fan de Laura Gallego.



A obra comeza co nacemento da que será a protagonista de toda a saga: unha nena extraña que, pasados os anos, descubrirá que as súas rarezas son debidas a un don.  É maga, e como tal estará chamada a formarse nunca peculiar escola que, aínda que de primeiras poida recordarnos a de Harry Potter, non se parece en nada a Hogwarts.
Dende logo que a lectura de El valle de los lobos é unha delicia, e menos mal que a historia continúa en outros dous libros máis, porque quedamos con gañas de seguir ao lado dos seus personaxes.  
Como curiosidade contaremos que, realmente, a serie conta con catro novelas, xa que hai un cuarto volume que é unha precuela: a narración do pasado dun dos estudantes da torre.