domingo, 14 de diciembre de 2014

LA CANCIÓN DE SHAO LI, de Marisol Ortiz de Zárate

E por fin chegou a primeira reunión para comentar o libro.  Xuntámonos na biblio con ganas de falar de esta tenra historia dunha nena obrigada a ser maior antes de tempo.  Pasamos angustias ao seguir a súa andaina por un Londres cheo de perigos, facéndose cargo do seu irmán pequeno.  
O final da novela invitounos a reflexionar sobre a nosa sociedade e a súa fame insaciable de... (upss, non imos revelar como termina a historia: terás que pasar pola biblio e coller un exemplar para sabelo, ou preguntarllo ao un membro do club).

Fonte: Google Imaxes